null SEVIC

SEVIC

Servizo de Vixilancia, Inspección e Control

O Servizo de Vixilancia, Inspección e Control (SEVIC) é un corpo creado pola Deputación de Pontevedra para colaborar cos concellos na supervisión dos residuos domésticos e comerciais co fin de cumprir coas disposicións da Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular (LRSCEC). Nesta normativa establécese que as entidades locais teñen a responsabilidade de exercer a potestade de vixilancia e inspección, así como a potestade sancionadora.


O corpo de inspección provincial está composto por funcionarias e funcionarios que teñen a condición de axentes da autoridade.

Entre outras, as competencias do SEVIC son:

  • Identificar os produtores de residuos.
  • Informar e asesorar na separación de residuos.
  • Recompilar toda a información necesaria para a vixilancia e a inspección.
  • Elaborar actas nas que se recollan os feitos constatados.

Co resultado das inspeccións poderanse elaborar recomendacións e/ou instrucións de boas prácticas para corrixir as deficiencias detectadas ou, no seu caso, tramitar o correspondente expediente sancionador.

As sancións en tema de residuos están tipificadas na LRSCEC, na que se considera infracción grave a obstrución á actividade de vixilancia, inspección e control das administracións públicas (con multas desde 2.001 euros ata 100.000 euros).

Concellos adheridos ao SEVIC ata o 1 de febreiro de 2024:

  • Baiona
  • Barro
  • Bueu
  • Cangas
  • Cañiza, A
  • Gondomar
  • Guarda, A
  • Meis
  • Moaña
  • Mondariz-Balneario
  • Neves, As
  • Rosal, O
  • Salceda de Caselas
  • Silleda
  • Tomiño