Viveiros de empresas

PorcoLab. Laboratorio de emprendemento social

Participando e CoLaborando para mellorar o territorio

Es unha persoa... innovadora? Creativa? Comprometida? Implicada?

Tes... ideas? Iniciativa? Inquedanzas?

Gústanche... os retos? Os desafíos?

Queres... traballar en equipo? Aprender facendo? Coñecer e experimentar con metodoloxías de traballo novidosas (Lego Serious Play, Design Thinking, Kanban etc.)?

Se a resposta é SI, es a persoa idónea para unirte e participar no PorcoLab, un laboratorio de emprendemento social que busca solucións para os seguintes desafíos:

  • Desafío 1. Intercambio de tempo e servizos entre a veciñanza. Como artellalo?
  • Desafío 2. Transporte e mobilidade desde as áreas do rural. Como facilitalo?
  • Desafío 3. Financiamento dos servizos e actividades de entidades e colectivos sociais. Como chegar a novos recursos?
  • Desafío 4. Intercambio de coñecemento entre os diferentes colectivos sociais. Como colaborar?

Agardamos por ti!

Participa e colabora na xeración de IDEAS que respondan ás necesidades da comarca

ÚNETE Á XERACIÓN de VALOR E COÑECEMENTO

  • Datas e horario: os martes 15, 22 e 29 de outubro de 11 a 14 h
  • Lugar: Viveiro de Empresas de Lalín da Deputación de Pontevedra no Parque Empresarial Lalín 2000
  • Organiza: Deputación de Pontevedra
  • Equipo de Apoio Técnico: Retnova Proxectia Consulting S.L
  • Colaboran: asociacións e colectivos sociais das comarcas de Deza e Tabeirós-Terra de Montes

Máis información e inscricións a través do correo-e viveiro.lalin@depo.gal, nos teléfonos 686 540 897 e 886 217 360

 

Última modificación: venres, 04 outubro 2019


 
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.

Os campos marcados con * son obrigatorios