Viveiros de empresas

I PROGRAMA DE APOIO AO EMPRENDEMENTO NO RURAL

Viveiro de Empresas de Lalín

Pensas que o rural é sinónimo de futuro sostible?

Estás a desenvolver a túa idea de negocio? Precisas redefinir o teu negocio?

O teu proxecto emprendedor está aliñado co teu proxecto de vida?

 

I PROGRAMA DE APOIO AO EMPRENDEMENTO NO RURAL

 Se a túa resposta a estas preguntas é si, o I Programa de apoio ao emprendemento no rural é para ti.

Dirixido a persoas emprendedoras, profesionais ou empresas cuxos proxectos empresariais se sitúen no rural ou o poñan en valor.

Co obxectivo de apoiar e acompañar as persoas emprendedoras e empresas a desenvolver as súas ideas de negocio en contornos rurais potenciando o "aprender facendo" e a cooperación entre as e os profesionais e empresas.

Data: de outubro a decembro

Número de proxectos participantes: cinco

Promovido polo Viveiro de Empresas de Lalín da Deputación de Pontevedra coa participación e cofinanciamento da Fundación Roberto Rivas

Prazo de presentación será de quince (15) días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)

Última modificación: luns, 31 agosto 2020


Logos Fondo Social EuropeoLogo Fundación Incyde