#AniversarioSantaClara

Santa Clara

Actividades polo 1o aniversario da compra

A partir do 22 de novembro a Deputación e o Concello de Pontevedra celebrarán o primeiro ano da compra do convento de Santa Clara.


A programación conxunta, confeccionada polas dúas institucións para esta ocasión, contempla xornadas de portas abertas para poder coñecer as escavacións arqueolóxicas e asistir ás conferencias das persoas expertas que traballaron sobre o terreo no convento.

O sábado 3 e domingo 4 de decembro, en horario continuado, de 10 a 18 horas, volveranse abrir as portas de Santa Clara nunha xornada na que as persoas visitantes poderán acceder á planta baixa e á horta do convento.

A entrada será de balde e sen inscrición. Farase un percorrido polas sondaxes arqueolóxicas guiado polas e polos profesionais que traballaron nos estudos financiados pola Deputación. A igrexa será o “centro de recepción de visitantes”, onde se proxectará un breve vídeo para, despois, en grupos de 20 a 30 persoas, iniciar a visita.

Os relatorios proxectaranse na igrexa de Santa Clara ás 19:30 horas.

RELATORIOS

  • 22 de novembro de 2022. "Ósos, cacharros, clausura e chocolate. Primeiros resultados da escavación en Santa Clara"
    Rafael M. Rodríguez Martínez, director do proxecto, e Israel Picón Platas, codirector da intervención
  • 23 de novembro de 2022. "Cando as paredes falan"
    Dr. Victoriano Nodar tratará a lectura de alzados e paramentos interiores e exteriores dos edificios
  • 29 de novembro de 2022. "Compoñendo puzzles"
    Aldara Rico exporá os traballos de conservación e restauración dos materiais mobles localizados durante os traballos arqueolóxicos
  • 1 de decembro de 2022. "A vida a través da morte. Aproximación ao estudo das individuais recuperadas no convento de Santa Clara"
    Dra. Olalla López e Clara Veiga, responsables dos estudos de antropoloxía, falarán sobre as inhumacións
  • 5 de decembro de 2022. "Os papeis de Santa Clara"
    Dr. Suso Vila falará sobre a investigación historicoartística e o baleirado documental.
  • 13 de decembro de 2022. "Conferencia de (case) clausura"
    Dr. Xurxo Ayán, que falará sobre a clausura na orde das irmás pobres de Santa Clara
  • 14 de decembro de 2022. "Plantas no pasado e no presente do convento de Santa Clara"
    Dra. María Martín e Dra. Carmen Salinero

Noticias relacionadas

 
		Victoriano Nodar:  “en Santa Clara consérvase máis parte medieval que en moitos outros mosteiros e conventos de Galiza”

Victoriano Nodar: “en Santa Clara consérvase máis parte medieval que en moitos outros mosteiros e conventos de Galiza”

A segunda charla sobre a casa das clarisas amosou a “potencia” das construcións levantadas nos séculos XIV e XV e o interese por mellorar as condicións de vida das monxas no XVIII, no momento da Ilustración

 
		Rafael Rodríguez: “en Santa Clara atopamos tumbas de xente que probablemente morreu ás portas do convento”

Rafael Rodríguez: “en Santa Clara atopamos tumbas de xente que probablemente morreu ás portas do convento”

A primeira das charlas para conmemorar a compra da construción deu a coñecer o traballo das escavacións arqueolóxicas, nas que se abriron 780 metros cadrados de catas e se atoparon máis de 8.000 pezas

 
		A igrexa de Santa Clara acolle mañá a primeira charla sobre os achados e a vida no convento baixo o título ‘Ósos, cacharros, clausura e chocolate’

A igrexa de Santa Clara acolle mañá a primeira charla sobre os achados e a vida no convento baixo o título ‘Ósos, cacharros, clausura e chocolate’

Será ás 19.30 horas a cargo dos responsables dos estudos arqueolóxicos Rafael Rodríguez e Israel Picón

— 3 Resultados por páxina
Mostrando o intervalo 1 - 3 de 4 resultados.