Árbores senlleiras

CARBALLO de Santa Margarida

Carballo
  • Especie: Quercus robur L.
  • Familia: Fagaceae
  • Localizacion natural: Europa, Asia Menor e norte de África
  • Idade: 500 anos
  • Porte: 14,50 m
  • Tronco: 7,78 m
  • Copa: 21,5 x 20,5 m
  •  
  • Concello: Pontevedra
  • Parroquia: Mourente
  • Lugar: Santa Margarida
  • Altitude: 40 m s. n. m.
  • Coordenadas: 42.437477, -8.626463
  •  
  • Propietaria/o: Diocese de Santiago de Compostela. Capela de Santa Margarida
  • Historia
  • É un dos carballos máis veteranos de Galicia, aínda que a súa antigüidade queda a medio camiño do milenio que se lle atribúe. A súa localización –xunto á capela de Santa Margarida–, a ancestral vinculación coa carballeira dos Gafos –da que se di que é o último representante– e a multitude de referencias artísticas, culturais, históricas e literarias son os avais que fan del un dos carballos con mais sona de Galicia.
  • Entorno
  • Vive no adro da capela de Santa Margarida, un dos templos máis antigos (século XIII-XIV) do concello pontevedrés, na parroquia de Mourente. A súa pequenez xeográfica vese compensada pola grandeza histórica e cultural do lugar, emanada da asociación indisoluble da arte (a capela) e a natureza (a árbore).

    Ao outro lado da capela hai plantada unha árbore filla deste importante exemplar.

Localización