#CULTURA

Bailando a Terra

Ciclo de danza en espazos de patrimonio natural

Se de algo podemos presumir na nosa provincia, é da rica e fermosa paleta do noso patrimonio natural. Bosques, carballeiras, praias, cabos, areais... contornas únicas que atraen múltiples e diferentes visitantes desde varios puntos e que supoñen unha perfecta tarxeta de presentación para coñecer e percorrer a nosa paisaxe na busca de natureza, gastronomía e cultura. Porque As Rías Baixas este ano convidan a bailar.


Aproveitando a celebración das rutas xacobeas e coa premisa de explorar o patrimonio natural da provincia con todos os sentidos, nace o ciclo Bailando a Terra, promovido pola Área de Cultura da Deputación de Pontevedra. A danza e a música unidas desde a contemporaneidade e desde as nosas raíces para facernos viaxar por múltiples camiños e cartografías, pisando sobre escenarios de area, pedra, verde e terra.

En colaboración con compañías profesionais de diferentes disciplinas, así como coas escolas de danza da provincia, a Deputación de Pontevedra presenta un ciclo de danza ao vivo en perfecta simbiose coa natureza, sorprendente e multidisciplinar, para bailar con ela, para sentila e facernos sentir “en corpo e alma” en contacto directo co territorio.

RELACIÓN DE CONCELLOS E GRUPOS:

08
xullo

Caldas de Reis

TRÉBEDE

20:30 h
Carballeira
05
agosto

A Illa de Arousa

NOVA GALEGA DE DANZA

21 h
edificio de usos náuticos
06
agosto

Poio

GALICIA EN DANZA (ESCOLA DE DANZA DE BAIONA)

20:30 h
xardín da capela da Virxe da Renda
13
agosto

Forcarei

MÁISQUEDANZA (ESCOLA DE DANZA DE LALÍN)

20:30 h
Carballeira de Soutelo
23
setembro

Tui

UNIDANCE (ESCOLA DE DANZA DE VIGO)

20 h
paseo fluvial

Noticias relacionadas

 
		Arranca “Bailando a Terra”, o ambicioso programa da Deputación que espallará a danza por espazos naturais de Caldas, A Illa, Poio, Forcarei e Tui

Arranca “Bailando a Terra”, o ambicioso programa da Deputación que espallará a danza por espazos naturais de Caldas, A Illa, Poio, Forcarei e Tui

Comezará este venres, 8 de xullo ás 20.30 horas, na carballeira de Caldas de Reis coa actuación de Trébede, cun espectáculo dirixido por Miguel Sotelo que mestura o estilo tradicional coa música en directo

 
		Chegan “Tras as ameas” e “Bailando a terra” para encher de cultura este verán os castelos e os espazos naturais da provincia

Chegan “Tras as ameas” e “Bailando a terra” para encher de cultura este verán os castelos e os espazos naturais da provincia

Carmela Silva:  “Estamos a desenvolver unha programación potente, sorprendente e multidisciplinar para poñer en valor a nosa cultura en espazos extraordinarios por todo o territorio”