Camellia japonica ‘María Vinyals'
Cultivar orixinado en Galicia a partir dunha semente da Camellia japonica ‘Berenice Boddy'.
Características morfolóxicas
Flor
Tamaño: mediano, de 7,5 a 10 cm de diámetro e entre 4 e 5 cm de profundidade
Cor: rosa púrpura, os pétalos externos 58B-C e os internos 62B RHSCC
Forma: de rosa
Pétalos: 45-60, os máis externos redondeados de marxe lisa ou incisa nun punto, e os internos redondeados e elípticos de marxe ondulada
Petaloides: en número variable, de 0 a 5 de cor rosa raiados de branco ou rosa máis claro
Estames: de 20 a 30, con filamentos cor crema
Folla
Tamaño: mediano, de 7-9 cm de longo por 4,5-6 cm de ancho
Cor: verde escura brillante
Forma: entre ovada e redondeada
Marxe: dentada moi marcada
Ápice: apuntado
Base: obtusa-redondeada
Planta
Arbusto vigoroso, de crecemento rápido e porte erguido
Floración: tardía, comeza a finais de febreiro ou primeiros de marzo e remata en maio
FENOGRAMA
Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xun | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | |||||||||||||
Floración | ||||||||||||||||||||||||
Brotación |
Última modificación: martes, 10 marzo 2020