#MOBILIDADE

Cidades das nenas e dos nenos

Tonucci

En xaneiro de 2016 a Deputación de Pontevedra convocou aos concellos da provincia para formar unha rede provincial de cidades das nenas e dos nenos e adherirse ao proxecto impulsado polo pedagogo Francesco Tonucci que reúne a milleiros de cidades arredor do mundo.


O proxecto da cidade das nenas e dos nenos pretende que ambos sexan o parámetro e garantía das necesidades de toda a cidadanía para acadar cidades cómodas, amables, seguras e accesibles, garantindo as mobilidades de todos os sectores.

Nestes momentos a provincia conta con 20 concellos adheridos, que de maneira anual e grazas á axuda da Deputación participan nos diferentes encontros estatais que se realizan en España.

En 2017 a Deputación declarou Pontevedra “Provincia Tonucci” e entre abril e xuño realizáronse ducias de actividades entre as que destacaron unha visita do propio pedagogo italiano, unha exposición retrospectiva das súas viñetas e o encontro da rede española de cidades das nenas e dos nenos auspiciada baixo a súa filosofía.

Máis información

Ligazóns de interese

ODS NOS QUE TEN IMPACTO