
#COHESIÓNSOCIAL
“Depo en marcha”
2023
A Deputación de Pontevedra oferta 130 obradoiros para promover o envellecemento activo das persoas maiores da provincia
A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, pon en funcionamento o programa “Depo en marcha” 2023 coa finalidade de favorecer o envellecemento activo das persoas maiores da provincia de Pontevedra mediante a súa participación nun total de 130 obradoiros temáticos. A presentación de solicitudes estará aberta a partir do 14 de febreiro, durante 20 días hábiles, e as prazas concederanse mediante o procedemento de concorrencia non competitiva.
“Depo en marcha” ten como finalidade favorecer a participación e a cooperación social e promover espazos de encontro e de intercambio de experiencias que permitan fomentar a independencia das persoas maiores e evitar así o illamento e as situacións de soidade. Este programa conta cun orzamento de 145.916,20 euros.
A institución porá á disposición das persoas xubiladas e pensionistas un total de 130 obradoiros, cun número máximo de 25 persoas participantes por cada un, o que supón a participación de máis de 3.000 persoas. Os obradoiros serán os seguintes: Aprendendo da Natureza, Móvete, Activando Corpo e Mente, Enredando, Dálle Marcha e En Rede.
Cada obradoiro terá unha duración de 30 horas e impartirase en xornadas de entre unha e tres horas á semana. Só se poderá adxudicar un obradoiro por entidade e este terá un custo de sete euros por persoa participante.
- Bases (BOPPO 06/02/2023)
- Anuncio da lista provisional de entidades admitidas e excluídas (BOPPO 11/04/2023)
- Resolución Presidencial da aprobación da lista provisional de entidades admitidas e excluídas
- Anuncio de adxudicación de obradoiros (BOPPO 12/05/2023)
- Anuncio aceptación de dúas renuncias (BOPPO 22/08/2023)
- Aceptación de dúas renuncias (22/08/2023)
- Acordo da Xunta de Goberno aceptando unha renuncia (27/09/2023)
- Anuncio de aceptación dunha renuncia (BOPPO 27/09/2023)
- Anuncio de aceptación dunha renuncia (BOPPO 11/10/2023)
- Acordo da Xunta de Goberno aceptando unha renuncia (11/10/2023)