#DEPORTES

Depo orienta

Actividade de orientación na natureza

A Deputación de Pontevedra crea un novo programa na natureza, "Depo_Orienta" é unha actividade de orientación na natureza


A orientación é unha modalidade deportiva na que o obxectivo da ou do participante é realizar no menor tempo posible e contra o reloxo, un percorrido marcado no terreo por puntos de control, coa axuda única dun mapa (no que están representados eses puntos).

Quen pode participar?

Está dirixido ás persoas amantes dos deportes de natureza e aventura; "Depo_Orienta" abre a posibilidade de experimentar o deporte da orientación en diferentes paraxes da nosa provincia.

Nel poden participar persoas, grupos de amigas e amigos ou familias de calquera idade que se consideren aptas para levar a cabo a actividade.

Número de actividades e prazas

O programa "Depo_Orienta" ofrece 3 actividades totalmente gratuítas, cun máximo de 200 participantes en cada unha.

Formalización da inscrición

As e os participantes poderán inscribirse a través de www.depo.gal a partir do día designado para tal efecto pola Deputación e ata completar o límite de prazas.

Ofertaranse un total de 200 prazas. Aquelas persoas que se anoten con posterioridade (ata un máximo de 100) pasarán á lista de agarda. O prazo de inscrición rematará o luns anterior á realización da actividade, ás 10 horas.

No caso de non poder asistir á actividade na que estea inscrita ou inscrito deberá comunicarllo ao Servizo de Deportes antes do peche de inscricións, o luns anterior á realización da andaina ás 10 horas, enviando un correo electrónico co nome e o DNI a deportes@depo.gal; deste xeito pasará a ocupar a súa praza unha persoa da lista de agarda. A partir dese día as persoas que renuncien ou non asistan á actividade serán sancionadas e quedarán automaticamente excluídas do resto de andainas.

Ás persoas participantes confirmaráselles a asistencia a través de www.depo.gal, coa publicación da lista definitiva, e vía SMS, co programa "Depo Informa" da Deputación.

Funcionamiento do programa

As e os participantes deberán desprazarse ao punto de partida da actividade, onde recibirán información sobre o funcionamento do programa e se lles entregarán os mapas e o material necesario para que esta se leve a cabo.

A actividade poderase realizar de forma individual ou por equipos e divídese en tres categorías segundo a dificultade: categoría Xestiñas (aprox. 3 km), categoría Xestas (aprox. 4 km) e categoría Xesteiras (aprox. 6 km).

Días e rutas

Concello de Cambados
Concello de Cuntis
  • Apertura de inscricións: 25/07/2022
  • Peche de inscricións: 16/08/2022
  • Data de realización: 21/08/2022
  • Inscrición
  • Lista de persoas admitidas
  •  Punto de saída
  •  Hora de saída: ás 10:30 h. Os dorsais poderanse recoller a partir das 10.00 h. As saídas realizaranse de maneira gradual ata as 11.30 h.
Concello de Tui

Elementos relacionados

 
		A Deputación lanza “DepoActívate” a intensa e ampla programación deportiva para 2022

A Deputación lanza “DepoActívate” a intensa e ampla programación deportiva para 2022

O investimento ascende este ano a 4 millóns de euros. Amais das liñas de subvencións, todas xa en marcha, volven actividades propias e patrocinaranse ata 10 grandes eventos