Órganos de Goberno

Eva Vilaverde Pego

Deputada do Centro Príncipe Felipe, da Finca Mouriscade, da Escola de Enfermería, do CAAN e da Estación Fitopatolóxica Areeiro

Biografía

Naceu en Moraña en 1977.

É licenciada en Ciencias Políticas e da Administración Pública, coa especialidade en Administración Pública, pola Universidade de Santiago de Compostela (2001). Na súa vida profesional traballou nunha asistencia técnica da Consellería de Medio Rural, na que tramitou as subvencións polas inundacións e incendios do ano 2006, e noutra asistencia técnica para o mesmo departamento autonómico como técnica coordinadora de formación para programas de desenvolvemento destinados a mulleres rurais. Desde 2006 exerceu como administrativa na CIG e impartiu tamén módulos de Igualdade nos cursos de formación do FORGA.

Dentro do BNG é a responsable local da súa forza en Moraña, forma parte do Consello Comarcal, do I Consello Nacional (no equipo de Administración local) e da Executiva Nacional.

Exerce como concelleira do BNG na oposición no Concello de Moraña desde 2011.