#CULTURA

Día do Libro

2023

Co gallo do Día do Libro 2023, celebramos un acto homenaxe á nosa escrita; coa presentación da publicación Tes cinco minutos #3; coa participación do profesorado da nosa Escola de Letras e do seu director, Francisco Castro; coa proxección dun vídeo onde len algunhas das autoras do libro Ti non sabes o que é ser escritora (a publicación xurdida recentemente do Manifesto de Soutomaior); e cunha actuación do grupo Abril.


Neste acto, presentaremos Tes cinco minutos #3, un libro que recolle o traballo das escritoras e dos escritores que participaron na terceira edición da Escola de Letras da Deputación de Pontevedra e Editorial Galaxia. Unha nova mostra de talento que deixa claro que hai canteira na literatura galega. Nesta terceira edición, a calidade dos traballos publicados segue a ser de gran nivel. Voces novas para o vello soño da literatura.

Mércores 19 de abril, ás 20 horas

Sala Rosalía de Castro. Sede da Deputación en Vigo

Confirmación de asistencia: participa.cultura@depo.gal

Información do libro tes 5 minutos

TES CINCO MINUTOS #3

  • Colección Literaria
  • Editorial Galaxia 2023
  • 115 páxinas
  • AUTORAS E AUTORES
    • Silveria Álvarez Martínez
    • Elda Álvarez Rivera
    • Lara Boubeta Bamio
    • Carlos Camaño Rial
    • Diana Cidrás Rosario
    • Elena Comesaña Estevez
    • Uxía Conde Noguerol
    • Celestino Crespo Piñeiro
    • Celia Durán Abollo
    • Lucía Durán Paredes
    • Ana Fernández Agra
    • Raquel Fernández Fernández
    • Javier García García
    • Fernando González Graña
    • Miguel González Sardón
    • Mencía Jorge Cabaleiro
    • Diana Lois
    • Yemina López Ozores
    • Marina Lorenzo Rial
    • Luís Losada Rodríguez
    • Xosé Lueiro
    • Elena Martínez Castro
    • Cristina Montes Calvelo
    • Luz Moscoso Palacios
    • Isa Pazos
    • Víctor Pérez Estévez
    • Pitusa Pinheiro
    • Alba Piñeiro Estévez
    • Rosa Piñeiro Fraga
    • Almudena Santamaría
    • María Josefa Soto González
    • Verónica Sousa Suarez
    • Pablo Vázquez
    • María José Villar Ferreiro
Información sobre ABRIL ABRIL, trío Vigués

ABRIL (trío vigués)

Estilo: música tradicional galega con influencias americanas e europeas e percusións tradicionais ibéricas.

Abril é unha formación de música folk formada por Marina Carpente ao violín, Claudia Abril á voz e pandeireta e Antón Lago á guitarra clásica. As distintas influencias musicais do trío vigués conflúen no seu repertorio, que inclúe melodías tradicionais galegas e tamén do resto da península arranxadas e mesturadas con ambientes sonoros máis actualizados. Para iso utilizan guitarra flamenca, arranxos de fiddle con influencias americanas e europeas e mais percusións tradicionais ibéricas. Tamén empregan a voz coma acompañamento e harmonías das músicas modernas.

  • Marina Carpente (violín)
  • Claudia Abril (voz e pandeireta)
  • Antón Lago (guitarra clásica)