Día do libro, presentación do libro "Tes 5 minutos #1"


23 abril 2021

Venres 23 de Abril de 2021, ás 19:00 h

Sede da Deputación en Vigo, Sala Rosalía

Conmemoración do Dia do Libro

Presentación do libro recompilatorio do traballo do alumnado durante o primeiro ano da Escola de Letras que a editorial Galaxia publicou baixo o título Tes cinco minutos #1. Contarase coa presenza de Francisco Castro, director da editorial Galaxia e mestre da Escola, e alumnas e alumnos que participarán lendo algún fragmento da súa autoría

Amenización musical con Fernando Barroso e Margarida Mariño (dúo de mandolina e chelo)

A música de Fernando Barroso acompañado pola violonchelista Margarida Mariño inspírase tanto en compositores clásicos doutras épocas coma en instrumentistas actuais de diferentes estilos e lugares do mundo. Xuntos crean melodías que convidan a viaxar, a voar por diferentes culturas e que denotan ritmos do jazz, da música persa ou barroca e da música popular.

Trátase de dous profesionais de recoñecido prestixio na música galega actualmente e que están a levar a súa música máis alá das nosas fronteiras.

Contaremos con intérprete en lingua de signos e dado que o aforo é moi limitado, poderase seguir o acto a través das nosas canles.