Acto de graduación da Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra


04 novembro 2021

Xoves, 04 de novembro de 2021, ás 18:30 h

Pontevedra


A presidenta da Deputación, Carmela Silva, preside o acto de graduación da promoción 19/20 da Escola Universitaria de Enfermería de Pontevedra.

As 24 graduadas e 7 graduados desta promoción tiveron que agardar ata que a situación sanitaria o permitise para poder celebrar o seu acto de graduación, que nesta ocasión decorre no Salón de Plenos da institución provincial.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, a deputada de Centros Educativos, Noemí Outeda, o vicereitor do Campus de Pontevedra, Jorge Genaro Soto, o director da Escola Universitaria de Pontevedra, Miguel Ángel Piñón e dúas representantes do alumnado, Ana Penide e Rebeca Entenza, toman a palabra neste acto de imposición de becas ás graduadas e aos graduados.