Escola de Letras

Diego Giráldez

Diego Giráldez

Naceu no Porriño en 1976. Leva toda a súa vida profesional vinculado ao xornalismo e dirixiu distintos xornais e revistas e colaborou como columnista de opinión en medios coma A Nosa Terra, A Peneira e Xornal de Galicia, e con reportaxes culturais en El País. Na actualidade escribe para o diario dixital Praza Pública e a revista Luzes e dedícase profesionalmente á comunicación corporativa. Licenciado en Historia da Arte, publicou varios traballos, que abranguen desde a arquitectura ata a historia económica. Sen renunciar á creación literaria, con vinte anos participou xunto con outros autores no poemario Baldío. Máis tarde, en 2016, saíu á luz Galería de saldos, o seu primeiro traballo literario de narrativa. Este libro de relatos valeulle o aplauso unánime de crítica e público, polo que foi elixido Autor Galego do Ano polas lectoras e lectores da revista Fervenzas Literarias. En 2010 gañou o Premio Literario de Relato Curto José Saramago. Ese mesmo ano recibiu na súa localidade de nacemento o Premio Círculo Cultura. En 2015 fíxose co primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves Modesto R. Figueiredo e un ano despois gañou o prestixioso premio literario Manuel Murguía.

Foto do autor: © Thomas Harris e Mateo H. Soto

http://editorialgalaxia.gal/autor/diego-giraldez/

Última modificación: luns, 25 maio 2020