Viveiros de empresas

WEBINARIO: FONDOS EUROPEOS NEXT GENERATION. COMO PEMES, MICROPEMES E PERSOAS AUTÓNOMAS PODEN ACCEDER A ELES

Fondos europeos para superar os efectos económicos e sociais derivados da COVID-19.

Obxectivo: Coñecer que son os Fondos Europeos Next Generation, as convocatorias, os ámbitos estratéxicos e como as pemes e micropemes poden participar e beneficiarse deles.

Contidos

  • Plan de recuperación, transformación e resiliencia: eixes e pancas de actuación
  • Programas Next Generation UE
    • Proxectos de colaboración público-privada con capacidade de atracción para pemes, micropemes e persoas autónomas
    • Plans e axudas: convocatorias, acceso e plan específico para pemes, micropemes e persoas autónomas
    • Acceso indirecto como subcontrata, colaboración ou subministración; preparación e documentación; asesoramento, liñas de axudas e páxinas webs oficiais

Dirixido a viveiristas, empresas, profesionais, persoas emprendedoras e público interesado

Relator: José Antonio Echagüe, consultor financeiro e fiscal cuxa traxectoria profesional de máis de 40 anos se centra na asesoría de empresas nas áreas financeira, tributaria e de investimentos.

Luns 18 de outubro, de 18 a 20 h, vía streaming

Organiza a Rede de Viveiros da Fundación INCYDE en colaboración coa Deputación de Pontevedra.

Máis info en viveiro.lalin@depo.gal ou nos teléfonos 686 540 897 e 886 217 360

Última modificación: luns, 18 outubro 2021


Logos Fondo Social EuropeoLogo Fundación Incyde