Escola de Igualdade María Vinyals - As Mulleres que Opinan Son Perigosas

Carmen Magdaleno

Carmen Magdaleno

Carmen G. Magdaleno (Pontevedra, 1986). Licenciada en Xornalismo (2008) e máster en Comunicación Política pola Universidade de Santiago de Compostela (2009). Traballou coma xornalista na edición do Morrazo de Faro de Vigo e na revista cultural galega A Nosa Terra. A maior parte da súa carreira profesional desenvolveuna como consultora en diferentes empresas de comunicación e publicidade.

Actualmente traballa coma asesora de comunicación do grupo municipal Alternativa Cidadá de Esquerdas-Esquerda Unida no Concello de Lugo, colabora con artigos de opinión en medios alternativos como Kamchatka, La Marea, CTXT ou Antipersona e, ademais, é blogueira en lamagdaleno.com.

Escribe, di, para (sobre)voar os límites da cidade amurallada na que (sobre)vive, e se autodefine como partisana en prácticas contra o capitalismo patriarcal. A súa maior paixón é a crítica cultural (sobre todo cinematográfica e literaria) con perspectiva de xénero.

É activista feminista e abolicionista na Plataforma Feminista de Lugo e na Plataforma Cidadá contra a Impunidade da Carioca.

Web: lamagdaleno.com

Twitter: @magdalenaproust