Escola de Igualdade María Vinyals - As Mulleres que Opinan Son Perigosas

Chus Gómez

Chus Gómez

Chus Gómez Dorrego (Portas, 1978). Xornalista. Licenciada en Ciencias da Comunicación pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2000.

Despois dun primeiro contacto co xornalismo local en La Voz de Galicia (1999) incorporouse ao ano seguinte a Diario de Pontevedra, onde foi a primeira muller da historia do xornal encargada da sección de deportes.

Tras abrirse a delegación Ulla-Umia do Diario de Pontevedra en 2001 nomeárona correspondente desta, na que se mantivo 13 anos durante os cales se puxo en marcha o suplemento Diario de Caldas e onde se iniciou no xénero de opinión.

Desde 2014 ocúpase da sección de local na que se encarga da información de veciños e educación, e desde outubro de 2018 escribe semanalmente un artigo de opinión.

Twitter: @ChusG_Dorrego