Escola de Igualdade María Vinyals - As Mulleres que Opinan Son Perigosas

Gemma Herrero

Gemma Herrero

Gemma Herrero (Madrid, 1972). Xornalista deportiva

Comezou a traballar aos 18 anos en Europa Press e en pequenas emisoras onde se especializou en deporte. En 1996 entrou no diario Marca, onde estivo 17 anos cubrindo a información do Real Madrid e realizando entrevistas e reportaxes. En 2003 incorporouse á redacción na cidade condal dando principalmente a información do F. C. Barcelona. No ano 2014 deixou o diario e comezou unha nova etapa como xornalista autónoma.

Actualmente colabora con Mundo Deportivo, onde realiza unha sección semanal dedicada a falar de mulleres deportistas, e con El ConfidencialÁ Contra e Fot-li Pou. Tamén colabora con medios audiovisuais, como TV3, e en radio, con RAC 1 e Catalunya Ràdio.

Retransmitiu como comentarista o Campionato de Europa de Natación en Eurosport o pasado verán. 

Gañou o Premio 2018 da Associació de Dones Periodistas de Catalaunya (ADPC) na categoría de Deportes polas súas "boas prácticas en comunicación non sexista". 

Twitter: @gemmaherrero