Escola de Igualdade María Vinyals - As Mulleres que Opinan Son Perigosas

Lucía Taboada

Lucia Taboada

(Vigo, 1986). Xornalista. Podes escoitala no programa Hoy por hoy e na sección "Todo por la radio" de La ventana, ambos na Cadena Ser. Ademais, escribe na revista masculina GQ e suma máis de 100.000 seguidoras e seguidores en Twitter que comentan e comparten as súas publicacións cargadas de humor e ironía.

É autora do libro Dejar de amargarse para ImPerfectas (Zenith) xunto á ilustradora Raquel Córcoles (Moderna de Pueblo). Nas viñetas mestúranse o humor e os consellos de autoaxuda para ofrecer unha visión feminina do mundo, tratar tabús e tentar deixalos atrás dunha vez.

O seu segundo libro é #Hiperconectados (Planeta, 2015), con ilustracións de Ester Córcoles. Nel aborda o gran tema da comunicación contemporánea, e faino con rigor teórico e trazos humorísticos, experiencias persoais e exemplos ilustrados.

Twitter: @TaboadaLucia