Escola de Igualdade María Vinyals - As Mulleres que Opinan Son Perigosas

Marta Sanz

Marta Sanz

Marta Sanz (Madrid, 1967). Doutora en Filoloxía. Imparte clases na Escola de Escritores de Madrid. Columnista en El País.

Publicou coa editorial Debate as novelas El frío, Lenguas muertas e Los mejores tiempos (Premio Ojo Crítico de RNE en 2001). En 2003 publicou en Destino Animales domésticos e en 2006 quedou finalista do premio Nadal con Susana y los viejos. Participou con relatos en varios volumes colectivos e obtido o premio Vargas Llosa-NH na súa XI edición. Colabora con El País, Babelia, El Viajero e a revista Mercurio. É autora de Metalingüísticos y sentimentales, unha antoloxía de poesía española contemporánea (Biblioteca Nueva).

En 2008 publicou a novela autobiográfica La lección de anatomía (RBA), que foi reeditada nunha nova versión por Anagrama en 2014 e en 2009 edita e prologa El libro de la mujer fatal (451 Editores). No seguinte ano publicou os poemarios Perra mentirosa e Hardcore (Bartleby) e a súa novela Black, black, black, protagonizada polo detective Arturo Zarco, en Anagrama. En 2012 Caballo de Troya reeditou a súa primeira novela El frío e en Anagrama publicou Un buen detective no se casa jamás, unha nova entrega das aventuras de Zarco, cuxa tradución ao italiano tivo unha excelente acollida. Do ano 2013 son o poemario Vintage (Bartleby), Premio da Crítica de Madrid, e Daniela Astor y la caja negra, novela galardoada cos premios Tigre Juan, Cálamo-Otra mirada e Estado Crítico. En 2014 publicou o ensaio No tan incendiario (Periférica), reeditado en 2019, e a novela Amour Fou (La Pereza Ediciones), reeditada en 2018 por Anagrama.

En 2015 publicou o cancioneiro Cíngulo y estrella (Bartleby) e gañou o premio Herralde de novela con Farándula, elixida mellor novela española do ano por Babelia e El Cultural. En 2016 escribiu para a Fundación José Manuel Lara o ensaio Éramos mujeres jóvenes e regresa aos xéneros autobiográficos con Clavícula (Anagrama).

A súa última obra é Monstruas y centauras. Nuevos lenguajes del feminismo (Cuadernos Anagrama).

Artigos El País https://elpais.com/autor/marta_sanz/a