Escola de Igualdade María Vinyals - As Mulleres que Opinan Son Perigosas

Pepa Bueno

Pepa Bueno

Pepa Bueno (Badajoz, 1964). Xornalista e directora do programa Hoy por hoy na Cadena Ser.

Iniciou a súa carreira profesional nos servizos informativos de Radio Nacional de España-Extremadura e pasou a ser xefa de informativos en RNE-Aragón, á vez que colaboraba co xornal Diario 16.

Nos anos 80 asumiu tamén a xefatura de informativos de Radio Nacional en Madrid e en 1991 incorporouse a Televisión Española (TVE). Na televisión pública púxose á fronte dos informativos nos centros territoriais de Andalucía e Madrid.

En setembro de 1996 asumiu a subdirección e co-presentación do programa de actualidade Gente; e non foi ata o ano 2004 cando volveu aos servizos informativos presentando o programa diario de entrevistas e actualidade política Los desayunos de TVE, labor que desempeñou ata 2009.

A partir de setembro de 2009 encargouse da edición e presentación da 2.ª edición do Telexornal en TVE, cargo no que permaneceu ata 2012.

Tras a súa saída de TVE Pepa Bueno regresou ao medio no que iniciara a súa carreira como xornalista e, en setembro de 2012, asumiu a dirección do programa líder da radio española, Hoy por hoy, da Cadena SER. Desde entón dirixe e presenta o primeiro tramo deste programa, centrado na actualidade, e é a única muller ao mando dun programa de emisión estatal na radio matinal do noso país.

Web: https://cadenaser.com/programa/hoy_por_hoy/el_editorial_de_pepa_bueno/

Twitter: @PepaBueno