Escola de Igualdade María Vinyals - As Mulleres que Opinan Son Perigosas

Susana Pedreira

Susana Pedreira

Susana Pedreira (Vitoria-Gasteiz, 1983). Xornalista. Licenciada en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela.

Comezou traballando en comunicación empresarial e institucional. No ano 2010 incorporouse á redacción de Onda Cero en Galicia.

Desde hai oito anos dirixe e presenta o programa local diario Pontevedra na onda. En setembro de 2015 asumiu a coordinación do programa Gente viajera de Galicia, magazine semanal centrado no turismo, o lecer, a cultura e a gastronomía. Ademais, desde 2016 forma parte da programación nacional de Onda Cero Un alto en el camino, programa en directo de catro horas que se emite desde Pontevedra para todo o Estado cada verán nas mañás da fin de semana.

É co-fundadora do encontro As Mulleres que Opinan Son Perigosas, do que en marzo de 2018 se organizou a primeira edición no Teatro Principal de Pontevedra, convertendo a vila durante dous días na capital do xornalismo de opinión con sinatura de muller. O foro conseguiu ser tendencia nacional nas redes.

Web: https://www.ondacero.es/programas/un-alto-en-camino/

Twitter: @SuPedre