Escola de Igualdade María Vinyals - As Mulleres que Opinan Son Perigosas

Tati Moyano

Tati Moyano

Tati Moyano de Beça (O Porriño, 1977). Xornalista. Licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela e en Xornalismo pola Universidade Europea de Madrid. Posgraduada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Santiago de Compostela.

Comezou a súa carreira de xornalista como bolseira nos informativos da TVG onde, xa desde os inicios, fixo labores de co-presentación en programas e conexións en directo para os informativos. Traballou de guionista na CTV e de redactora en Mediapro para TVE.

No ano 2003 volve á TVG onde traballa ininterrompidamente ata hoxe. Pasou por diferentes postos nos informativos desde redactora ou redactora de directos ata presentadora. Conduciu o Telexornal noite, Galicia noticias serán, A revista, Programas especiais e, en distintas temporadas, o Telexornal serán. En xullo de 2018 deixou de estar á fronte deste informativo e na actualidade desenvolve o labor de redactora de informativos.

Puntualmente compaxina o seu traballo de xornalista na canle pública co de mestra de cerimonias ou condutora de eventos.

Twitter: @Tati_Moyano