#IGUALDADE

Forxadoras de historias, metal e pedra

Do 26 de setembro ao 10 de novembro de 2022

Sala Maruja Mallo. Sede da Deputación en Vigo

Inauguración: Luns 26 de setembro


Somos mulleres de Honduras, O Salvador, Panamá, Chile e República Dominicana, cun denominador común: a paixón polo deseño de xoias. Esta exposición busca exaltar as nosas raíces latinoamericanas e visibilizar o noso traballo, no que vertemos os nosos soños e no que mostramos o noso interese polo mundo da arte e a influencia do intercambio cultural. Esperamos que as nosas pezas forxadas en metal e pedra conten as nosas historias.

A través da xoiería buscamos rachar cos estereotipos e cos límites impostos á creatividade feminina, á vez que desenvolvemos o noso potencial para dinamizar a economía dos nosos países, a pesar dos grandes retos que se nos presentan, como emigrar a España para puír as nosas habilidades e buscar novas oportunidades. De aí nace o noso espírito emprendedor, cheo de paixón por traballar naquilo que realmente nos gusta. Ademais, buscamos contribuír á cohesión social e á posta en marcha de iniciativas solidarias.

Para nós as nosas raíces latinas son idénticas ás dunha xema, coma a súa beleza, rareza, durabilidade, portabilidade e moda, calidades inherentes ás artistas do noso colectivo.

  • Beleza na nosa influencia de formas, cores puras e texturas.
  • Rareza, en referencia ao noso poder e individualidade, que son difíciles de atopar e nos mostran unha realidade diversa, rica e con moitos matices.
  • Durabilidade, como mencionabamos antes, a pesar dos retos e das dificultades que vive a nosa rexión, sabemos adaptarnos e vemos as oportunidades en momentos de crise.
  • Portabilidade refírese a que, de algo tan pequeno, como poden parecer os nosos fogares, xeramos grandes riquezas.
  • Moda, ao influenciala a través das nosas tradicións.

Pero o máis importante é a nosa orixe creativa e artesá, que nos leva a que os demais países se fixen en nós. 

MULLERES FORTES E VALENTES, A NOSA PRESENZA ESTÁ EN TODAS PARTES

Artistas

ODS NOS QUE TEN IMPACTO