Jornada nueva Ley de contratos

Fernando Álvarez García

É licenciado en Ciencias do Traballo, graduado en Xestión Pública e diplomado en Xestión e Administración Pública pola Universidade de Oviedo. Realizou o Programa de dirección pública local do Instituto Nacional de Administración Pública.

Pertence ao corpo de funcionarios de carreira do Concello de Xixón. É técnico de Administración xeral, grupo A1, e conta con 19 anos de experiencia en proxectos de modernización, innovación na xestión dos servizos e desenvolvemento organizativo e tecnolóxico de ámbito corporativo e sectorial.

Desde o ano 1998 foi o responsable do Servizo de Organización e Sistemas e desde o ano 2012 é responsable do Servizo de Planificación e Modernización do Concello de Xixón.

Actualmente participa na implantación do Plan de transformación dixital do Concello, cuxo obxectivo é, entre outros, a implantación das leis 39 e 40, a Lei 19/2013, de transparencia e a 9/2017, de contratos do sector público. Codeseña e participa na execución do Plan Xixón crecemento intelixente e Xixón crecemento sustentable, que se materializan a través da iniciativa Xixón_IN, e o Plan de transformación dixital.

Colabora como formador do módulo de Administración electrónica dos máster en Liderado e Dirección Pública nos que, en varias edicións, foi membro da comisión de valoración de traballos fin de máster.

É representante pola FEMP no grupo de traballo para a implantación das leis 39 e 40 no Consello Superior de Administración Electrónica e membro das comisións de modernización e de novas tecnoloxías da FEMP.

É coautor de varias publicacións relacionadas coa xestión pública en xeral e coa xestión das persoas, a organización e a innovación tecnolóxica das administracións públicas.

Relatorio: "Licitación electrónica e modernización dos municipios"