Labora 2020

Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes no Domicilio

SSCS0108

Nivel 2, para o acceso deberase cumprir algún dos seguintes requisitos académicos:

Estar en posesión do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional. Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos. Ter o certificado de apta ou apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente.

Contidos:

  • Formación específica: Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes no Domicilio 480 horas

    MF0249_2: Hixiene e atención sanitaria domiciliaria
    MF0250_2: Atención e apoio psicosocial domiciliario
    MF0251_2: Apoio domiciliario e alimentación familiar

  • Prácticas profesionais non laborais en centros de traballo, 120 horas
  • Formación transversal, 12 horas
    • Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, 4 horas
    • Igualdade de trato, non discriminación e loita contra a exclusión social, 4 horas
    • Desenvolvemento sustentable, respecto e coidado do medio ambiente, 4 horas
  • Formación complementaria, 10 horas
    • Busca de emprego, 5 horas
    • Fomento do emprendemento e autoemprego, 5 horas
  • Orientación laboral e titorías durante a formación, 10 horas

Onde: Mos, O Porriño, Pontevedra (2 edicións), Valga e Vigo (3 edicións)

Ligazón (pdf)

Co certificado de Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes no Domicilio poderás traballar como:

  • Auxiliar de axuda a domicilio
  • Asistenta ou asistente de atención domiciliaria
  • Coidadora ou coidador de persoas maiores, con diversidade funcional ou convalecentes no domicilio

Última modificación: luns, 30 setembro 2019


Logos Fondo Social Europeo y MInisterio de Política Territorial y Función Pública