Labora 2020

Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educativo Infantil e Xuvenil

SSCB0209

Nivel 2, para o acceso deberase cumprir algún dos seguintes requisitos académicos:

Estar en posesión do título de graduada ou graduado en educación secundaria obrigatoria. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional. Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos. Ter o certificado de apta ou apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación correspondente.

Contidos:

  • Formación específica: Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educativo Infantil e Xuvenil, 150 horas
    MF1866_2: Actividades de educación no tempo libre infantil e xuvenil
    MF1867_2: Procesos grupais e educativos no tempo libre infantil e xuvenil
    MF1868_2: Técnicas e recursos de animación en actividades de lecer e tempo libre
  • Prácticas profesionais non laborais en centros de traballo, 160 horas
  • Formación transversal, 12 horas
    • Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, 4 horas
    • Igualdade de trato, non discriminación e loita contra a exclusión social, 4 horas
    • Desenvolvemento sustentable, respecto e coidado do medio ambiente, 4 horas
  • Formación complementaria, 10 horas
    • Busca de emprego, 5 horas
    • Fomento do emprendemento e autoemprego, 5 horas
  • Orientación laboral e titorías durante a formación, 10 horas

Onde: O Grove, Pontevedra (2 edicións) e Vigo (2 edicións)

Ligazón (pdf)

Co certificado de Dinamización de Actividades de Tempo Libre Educativo Infantil e Xuvenil poderás traballar como:

  • Monitora ou monitor de educación e tempo libre
  • Monitora ou monitor de tempo libre educativo infantil e xuvenil
  • Monitora ou monitor de campamentos, de albergues de mocidade, de colonias, de granxas-escola, de aulas e escolas de natureza
  • Monitora ou monitor de actividades no ámbito escolar

Última modificación: luns, 30 setembro 2019


Logos Fondo Social Europeo y MInisterio de Política Territorial y Función Pública