Labora 2020

Docencia da Formación Profesional para o Emprego

SSCE0110

Nivel 3, para o acceso deberase cumprir algún dos seguintes requisitos académicos:

Estar en posesión do título de bacharelato. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade do mesmo nivel do módulo ou módulos formativos e/ou do certificado de profesionalidade ao que desexa acceder. Estar en posesión dun certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional. Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior, ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso convocadas polas administracións educativas. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos ou 45 anos. Ter o certificado de apta ou apto nas competencias necesarias para acceder aos certificados de nivel 3 de cualificación correspondente.

Contidos:

  • Formación específica: Docencia da Formación Profesional para o Emprego, 340 horas
    MF1442_3: Programación didáctica de accións formativas para o emprego
    MF1443_3: Selección, elaboración, adaptación e utilización de materiais, medios e recursos didácticos en formación profesional para o emprego
    MF1444_3: Impartición e titorización de accións formativas para o emprego
    MF1445_3: Avaliación do proceso de ensinanza-aprendizaxe en formación profesional para o emprego
    MF1446_3: Orientación laboral e promoción da calidade na formación profesional para o emprego
  • Prácticas profesionais non laborais en centros de traballo, 40 horas
  • Formación transversal, 12 horas
    • Igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, 4 horas
    • Igualdade de trato, non discriminación e loita contra a exclusión social, 4 horas
    • Desenvolvemento sustentable, respecto e coidado do medio ambiente, 4 horas
  • Formación complementaria, 10 horas
    • Busca de emprego, 5 horas
    • Fomento do emprendemento e autoemprego, 5 horas
  • Orientación laboral e titorías durante a formación, 10 horas

Onde: A Guarda, Cangas, Lalín, Pontevedra (2 edicións), Vigo (2 edicións) e Vilagarcía de Arousa

Ligazón (pdf)

Co certificado de Docencia da Formación Profesional para o Emprego poderás traballar como:

  • Persoal formador de formación non regrada
  • Persoal formador de formación ocupacional non regrada
  • Persoal formador ocupacional
  • Persoal formador para o emprego
  • Persoal formador de formadoras e formadores

Última modificación: Monday, 30 September 2019


Logos Fondo Social Europeo y MInisterio de Política Territorial y Función Pública