Mulleres en acción violencia zero 2017/2018

"100% contigo", Mar Caldas

O Rosal, novembro de 2018

"A última cea", Verónica Ruth Frías

Título: 100% contigo

"Que sería das mulleres sen o alento e o apoio en situacións de crise que son tantas. Non sobreviviriamos aos avatares da vida sen outras mulleres coñecidas e descoñecidas, próximas ou distantes no tempo e na terra. (…) Que sería das mulleres no patriarcado sen a armazón de mulleres ao redor, ao seu carón, atrás dunha, adiante, guiando o camiño, aguantando xuntas. Que sería de nós sen as nosas amigas? Que sería das mulleres sen o amor das mulleres?"

Pacto entre mulleres sororidad, Marcela Lagarde

100% contigo é un proxecto co que se quere convidar a tecer e soster lazos de solidariedade entre nós, desde unha vontade política de xénero. Traballarase co contexto, tentando involucrar a comunidade.

Mar Caldas

Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo, na que actualmente imparte docencia.

No seu traballo artístico destaca o uso da fotografía, o texto e o vídeo. Interesada polas políticas da representación e pola mirada do espectador, na súa obra tratou cuestións como o voyeurismo, a subxectividade, as relacións interpersoais ou os roles de xénero.

Participou nas exposicións de xénero e de revisión da arte feminista: "A arte inexistente. As artistas galegas do século XX" (Auditorio de Galicia, Compostela, 1995); "Marxes e mapas. A creación de xénero en Galicia" (Auditorio de Galicia, Compostela, 2008); "Genealogías feministas en el arte español, 1960-2010" (MUSAC, León, 2012), "Alén dos xéneros. Prácticas artísticas feministas en Galicia" (MARCO, Vigo; Auditorio de Galicia, Compostela, 2017), "Women in Work. Mujer, arte y trabajo en la globalización" (Sala Renau, UPV, Valencia, 2017).