A Deputación estrea canle institucional en TikTok para achegar a actividade institucional á mocidade

12/11/2025

A Deputación de Pontevedra aumenta a súa presenza en redes sociais para achegar a actividade institucional aos diferentes públicos coa súa incorporación a TikTok. Neste caso, o organismo provincial deu o paso de abrir canle nesta rede social para espallar os diferentes programas e iniciativas que desenvolve entre a mocidade.