Noticias

A Andaina Solidaria recauda preto de 500 € para Cáritas


07 xuño 2017
Ribadumia
Tenis

O Concello de Ribadumia fai a súa valoración sobre unha iniciativa solidaria que comeza a ter xa fieis seguidores, e non só ribadumienses se non tamén doutros puntos da xeografía galega, así como de diferentes idades.

Estamos a referirnos a Andaina Solidaria que se organiza como unha actividade englobada dentro da Festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das variedades autóctonas, a favor de Cáritas, e que nesta ocasión recaudou cos doativos dos participantes preto de cincocentos euros.

Cabe destacar que as idades dos participantes eran moi diversas dende nenos a maiores, e que a primeira en rematar esta andaina de complicación media, foi unha nena a cal se lle entregou como agasallo unha camiseta da festa, como recoñecemento o seu esforzo.

Agradecer tamén a todos os que colaboraron nesta actividade tanto na organización, como no avituallamento para os participantes.