Noticias

Algunha das novidades na XLV festa do viño tinto


30 maio 2017
Ribadumia
Vino

O Concello de Ribadumia informa que a XLV festa do Viño Tinto do Salnés e Exaltación das Variedades Autóctonas trata de innovar ano a ano, achegando novidades que a fagan máis atractiva para os veciños e veciñas con independencia da súa idade, así como para os visitantes que se acheguen ata Barrantes.

Este ano a innovación chega de diferentes xeitos como poden ser, o destacado e concurrido concurso nas redes sociais para entrar no sorteo de 2 entradas. Concurso que remata hoxe, e que tivo unha alta participación.

Por outra banda está a aplicación móvil da festa do tinto, onde tes toda a información sobre esta, para poder aproveitar o máximo posible. A app está dispoñible tanto para Android como para Iphone.

E para máis disfrute e maior variedade de actividades, está por exemplo a exhibición canina do Club Agility ou o Concerto da Edad de Oro del Pop Español, que traerá a Barrantes a Alberto Comesaña, Pablo Perea, Joaquín Padilla e Chus Herranz.

O que si se mantén no seu formato é o tradicional xantar de confraternidade, onde a expectación polos premios dos concursos de viños é participe durante toda a comida, pois estes son entregados o seu remate.