Noticias

Axudas a entidades de Ribadumia


30 maio 2017
Ribadumia
Deportes

O Concello de Ribadumia informa que no pleno de onte se aprobou, coa abstención do grupo de goberno na oposición, o reparto de preto de 52000,00 € entre as entidades deportivas do municipio, entidades que precisan e merecen todo o apoio económico que este concello lles poida dar, sempre das posibilidades dispoñibles.

Cantidade a repartir que supón só o 85% do que se lles concederá en todo o exercicio 2017, posto que o 15% restante está pendente de ampliación de actividades ou patrocionios que poidan ser comunicados.

Tamén ten que destacarse o incremento da cuantía a repartir que este ano alcanza para todas as asociacións, dende as culturáis, deportivas sociais as festas parroquiais ou escolas de verán a cifra de 72000,00 €.

Axudas que buscar colaborar na actividade tan intensa e importante que desarrollan as asociacións no noso municipio, e que fan que exista unha ampla programación cultural durante todo ano, que se suma a municipal