Noticias

Éxito de participación na charla sobre "cláusula suelo" no Concello de Ribadumia

O concello de Ribadumia informa que onte día 1 de febreiro, no Centro Social de Barrantes tivo lugar a charla impartida pola Asociación Acouga sobre as "cláusulas suelo".


02 febreiro 2017
Ribadumia

Destacar en primeiro lugar o boa resposta dos veciños xa que foi moi elevada a participación na mesma, xa non só en asistencia, se non pola interacción durante a mesma, na que os veciños puideron preguntar as súas dúbidas e ter unha resposta segundo cada caso.

Debido a isto e durante o desenvolvemento da xornada os veciños trasladaron as concelleiras que se atopaban compartindo a charla con eles, a posibilidade de que para favorecer as xestións coa asociación, e evitar os masivos desprazamentos a Santiago, se poida habilitar un espazo nunha dependencia do Concello para estas consultas.

Por suposto, a resposta dende este Concello foi positiva e se lle vai a habilitar un espazo para os días puntuais que estean concertados para esa atención.

Deste xeito, dende hoxe ata o próximo día 10 de febreiro, todos os veciños e veciñas afectadas polas "cláusula suelo" en algún momento da súa hipoteca, aínda que xa non se lle aplique na actualidade, poden inscribirse nun listado aberto no Concello para este efecto e que se fará chegar a Asociación Acouga para que establezan as citas e os días de atención e consulta.

As inscricións poden facerse en horario de 8 a 15 horas de luns a venres na Casa do Concello.