Noticias

O concurso de camisetas e o xantar de confraternidade da Festa do viño tinto


27 maio 2017
Ribadumia
Pintura

O Concello de Ribadumia informa que a poucos días de dar comezo a XLV festa do viño tinto do Salnés e exaltación das variedades autóctonas, entramos na recta final do Concurso de deseño gráfico de camisetas, xa que as peñas que o desexen poderán presentálas ata o próximo día 30 de maio.

Debemos destacar aquí, o incremento de participación no concurso nun 50%, algo que é de celebrar posto que suporá unha maior participación tamén durante os días de festa, dando así cor e diversión as actividades xa programadas.

Entre esta programación atópase o xantar de confraternidade, o cal todo aquel que o desexe poderá asistir para degustar un menú composto por pulpo, empanada, carne o caldeiro, fresas con viño e rosca, sen faltar como non o viño tinto como compañía imprescindible.

Para facerse coa súa invitación para o xantar pode adquirila, como de costume, en calquera dos seguintes establecementos:

  • Bocateria Lareka.
  • Bar Che.
  • Cafetería Aromas.
  • Bar O Santiaguiño.
  • Taberna Os Lagos.
  • O pendello  do Martís.
  • Taberna Habelas Hainas.
  • Bar Adolfo (en Vilariño).
  • Oficina de Abanca de Barrantes.
  • Oficina Banco Pastor de Barrantes.
  • Area Comercial Pintos.