Noticias

Inauguración da nova Sede en Vigo da Deputación de Pontevedra


31 xaneiro 2020

A Deputación de Pontevedra reforza a súa presenza no sur da provincia. O día 31 de xaneiro inaugurou a súa nova sede no corazón do Casco Vello de Vigo, que estará plenamente operativa a partir do luns 3 de febreiro.

Ás 19.30 horas inaugurouse a nova sede onde estaban convidadas autoridades e representantes do tecido social e empresarial da cidade.

Coñece a nova sede que ocupará un edificio rehabilitado no número 17 da rúa Eduardo Chao, ao que se trasladarán os servizos de atención á cidadanía e Rexistro que se prestaban na rúa do Porto. Tamén se recolocarán neste novo emprazamento as charlas e cursos de formación da oficina SmartPeme de Vigo.

Fotos