Viveiros de empresas

OPORTUNIDADES DE NEGOCIO EN CONTORNOS RURAIS

  •  Mércores 21 de abril de 2021, ás 18:30 h, vía streaming
  • Organizado pola Rede de Viveiros da Fundación Incyde en colaboración coa Deputación de Pontevedra

O rural está a tomar pulo nos últimos tempos, e mostra disto é o xurdimento de oportunidades de negocio relacionadas non só con actividades tradicionais senón con novas necesidades e demandas vencelladas coa sustentabilidade, a calidade de vida, o repoboamento e a ligazón entre tradición e modernidade, entre outros aspectos.

Obxectivo

Analizar os cambios producidos nos hábitos de consumo e nos ámbitos social e económico e coñecer como poden aproveitarse para poñer en marcha novas iniciativas empresariais.

Contidos

  • Análise dos cambios producidos nos hábitos de consumo e nos ámbitos social e económico
  • Nichos de mercado e oportunidades que este cambio crea no territorio: economía sustentable, dixitalización, obxectivos de desenvolvemento sostible (ODS), saber tradicional, produto local, igualdade de oportunidades, asentamento de poboación feminina e de mozas e mozos...
  • Formulación DAFO para un enfoque nos nichos de mercado óptimos
  • Estratexias para levalos a cabo e/ou pivotación dos modelos de negocio (Baby by Steps, CMI, plans operativos e estratéxicos)

Dirixido a viveiristas, empresas, profesionais, persoas emprendedoras e público interesado

Relatora

Maribel Pérez, consultora empresarial, directora de proxectos de creación da Fundación Incyde e membro directivo de entidades de apoio ao desenvolvemento rural. Compaxina o seu traballo como consultora co de empresaria, dirixindo proxectos de diferentes tipos: comercio electrónico, construción, aloxamento rural...

Máis información en viveiro.lalin@depo.gal ou nos teléfonos 686 540 897 e 886 217 360

Última modificación: martes, 13 abril 2021


Formulario de inscrición

 
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.
Este campo é obrigatorio.

Os campos marcados con * son obrigatorios