#COOPERACIÓNTRASFRONTEIRIZA

Parque e ponte da Amizade


A Deputación de Pontevedra está a colaborar na posta en marcha do parque da Amizade entre Tomiño e Vila Nova de Cerveira como vía para impulsar o turismo e a mobilidade sustentable no que será o único parque transfronteirizo de toda Europa, cunha superficie de 25,6 hectáreas. Para iso, púxose en marcha un concurso de ideas para o deseño dunha ponte internacional peonil e ciclista que una as dúas beiras do Miño no punto onde é máis estreito, preto da súa desembocadura.

Este proxecto conta tamén co apoio da Xunta de Galicia, que presentou o proxecto dentro das solicitudes de fondos europeos de Next Generation.

Noticia en TVENoticia en CRTVG