Proxectos europeos

DEPOEMPRENDE 2016

Fomento do emprendemento xuvenil

Programa operativo de emprego, formación e educación (POEFE) cofinanciado polo Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, que favorece as accións de apoio ao emprendemento destinadas ao impulso de iniciativas empresariais e á súa consolidación e sustentabilidade. Convocatoria de 2016.

Socios

Orzamento total: 256.668,15 €

  1. Taxa máxima de cofinanciación europea: 80 %
  2. Achega da Deputación de Pontevedra: 20.815,79 €
  3. Convocatoria: aprobada

Servizo redactor: Servizo de Cooperación Municipal

Executa: Servizo de Promoción de Emprego

RESUMO DO PROXECTO

TÍTULO

DEPOEMPRENDE 2016: fomento do emprendemento xuvenil na provincia de Pontevedra

OBXECTIVOS DO PROXECTO

  • Fomentar o espírito emprendedor e a cultura emprendedora, eliminando as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos.
  • Promover a incorporación ao mercado laboral pola vía do emprendemento a 120 mozas e mozos de toda a provincia non ocupados e non integrados nos sistemas de educación ou formación.
  • Ofrecer 6 itinerarios de emprendemento xuvenil adaptados ás características e necesidades das persoas en 6 localizacións diferentes, aumentando a súa calidade e eficiencia.
  • Garantir a non exclusión por motivos sociais, de nivel formativo, por razóns de xénero ou por lugar de residencia de ningunha persoa que responda o perfil do destinatario.
  • Fomentar o equilibrio territorial do programa, ofrecendo 6 localizacións da provincia, en instalacións da rede de INCYDE e coa colaboración de todas as cámaras de comercio da provincia para a súa dinamización, captación e execución do proxecto. Desta maneira chegarase a todo o público obxectivo da provincia de Pontevedra.
  • Lograr, de maneira efectiva, que 36 mozas e mozos se incorporen ao mercado laboral tanto por conta propia como allea por medio de formación e asesoramento para fomentar a viabilidade e sustentabilidade dos proxectos empresariais.
  • Colaborar cos axentes clave para o desenvolvemento do programa: as cámaras de comercio da provincia de Pontevedra, a Universidade de Vigo, a Asociación de Vigo, a Asociación de Novos Empresarios da provincia de Pontevedra, a Escola de Negocios da Fundación Abanca e outros axentes e asociacións clave provinciais e locais.

ACTIVIDADES

  • Captación: Diríxese a persoas novas que actualmente nin traballan, nin estudan, nin tampouco están a buscar traballo de forma activa e que, por tanto, non acoden por si mesmas aos servizos de inserción laboral.
  • Promoción da cultura emprendedora: Desenvólvense xornadas abertas dirixidas ao público obxectivo do proxecto para a promoción da cultura emprendedora, como mínimo unha por cada edición e localización do proxecto (6 en total), de modo que se alcanza toda a xeografía da provincia de Pontevedra.
  • Formación: Os programas formativos atenderán ás dificultades engadidas que presentan as persoas novas desempregadas en función do seu rumbo formativo e social. Ademais, a formación tamén se poderá adaptar aos condicionantes xeográficos en canto á potencialidade dos sectores máis representativos de cada zona.
  • Asesoramento e mentorización: A aquelas persoas participantes que finalicen os programas de formación e que vaian formalizar o seu proxecto empresarial, ofreceránselles 7 horas de mentorización durante as etapas iniciais da actividade económica. O obxectivo será solucionar dúbidas e acompañar o establecemento de primeiros contactos e relacións iniciais coas e cos clientes, provedores e socios. Este tipo de asesoramento ofrecerase durante un máximo de 2 meses desde a formalización do curso presencial correspondente.