Proxectos europeos

DEPOEMPRENDE 2017

Fomento del emprendimiento y las iniciativas empresariales

Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación (POEFE) cofinanciado polo Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, que favorece as accións de apoio ao emprendemento destinadas ao impulso de iniciativas empresariais e á súa consolidación e sustentabilidade, especialmente no campo do emprendemento inclusivo.

Organismo intermedio:

Fundación INCYDE

Socios:

Orzamento:

  • Orzamento total: 393.129,90 €
  • Achega da Deputación de Pontevedra: 78.625,98 €

Cofinanciación: máximo de cofinanciamento do 80 % do FEDER

Empresa redactora: Servizo de Cooperación Municipal

RESUMO DO PROXECTO

TÍTULO

DEPOEMPRENDE 2017: fomento do emprendemento e as iniciativas empresariais

DESCRIPCIÓN DO PROXECTO 

Obxectivos

  • Fomentar o emprendemento como un dos factores clave nunha economía do coñecemento debido á súa achega de creatividade e innovación para eliminar as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos
  • Promover a incorporación ao mercado laboral de persoas desempregadas de toda a provincia pola vía do emprendemento, priorizando os colectivos con maior risco de exclusión deste (menores de 30 anos, mulleres, maiores de 45, persoas con discapacidade e persoas pertencentes a colectivos en risco de exclusión social)
  • Desenvolver competencias emprendedoras que:
    • Axuden as persoas desempregadas a superar obstáculos, desenvolver confianza en si mesmas e adquirir autonomía
    • Colaboren no desenvolvemento de oportunidades profesionais cando a oferta laboral non se corresponda coa oferta formativa
  • Contribuír á viabilidade e sostibilidade de novas empresas
  • Mellorar a calidade de vida das persoas desempregadas a través da formación e o asesoramento especializado e promover a incorporación ao mercado laboral pola vía do emprendemento de persoas desempregadas de toda a provincia
  • Garantir a non exclusión por motivos sociais, de nivel formativo, por razón de xénero ou por lugar de residencia de ningunha persoa que responda ao perfil de persoa destinataria
  • Fomentar o equilibrio territorial do programa, desenvolvéndoo coa colaboración de tódalas cámaras de comercio da provincia de Pontevedra para a súa dinamización, captación e participación no proxecto. Desta maneira chegarase a todo o público obxectivo da provincia
  • Colaborar cos axentes clave para o desenvolvemento do programa (cámaras de comercio, Universidade de Vigo, asociacións de persoas empresarias, escolas de negocios etc.)

Actividades

  1. Captación de posibles persoas beneficiarias do proxecto
  2. Promoción da cultura emprendedora mediante xornadas de portas abertas dirixidas ao público obxectivo do proxecto
  3. Formación para a obtención da acreditación do módulo "Planificación e iniciativa emprendedora en pequenos negocios e microempresas" (120 horas)

Correo-e: depoemprende2017@depo.es
Teléfono: 986 804 100. Extensiones: 40854 y 40853