Proxectos europeos

depoEMPRENDE II

Fomento do emprendemento xuvenil na provincia

Convocatoria: Fomento do autoemprego e as iniciativas empresariais

Convocatoria 2017. Galicia (PF0217)

Organismo intermedio: Fundación INCYDE

Socios

Orzamento

  • Orzamento total: 600.975,00 €
  • Achega da Deputación de Pontevedra: 48.739,07 €

Cofinanciamento: máximo de cofinanciamento do 91,89 % do FSE

Empresa redactora: Servizo de Cooperación Municipal

RESUMO DO PROXECTO

TÍTULO

depoEMPRENDE II: fomento do emprendemento xuvenil na provincia de Pontevedra

DESCRICIÓN DO PROXECTO 

O proxecto "depoEMPRENDE II" está destinado especificamente a incorporar ao mercado laboral a persoas  menores de 30 anos da provincia de Pontevedra non ocupadas, non integradas nos sistemas de educación ou formación e rexistradas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Obxectivos

O desenvolvemento do programa de fomento do emprendemento xuvenil da provincia de Pontevedra "depoEMPRENDE II" ten os seguintes obxectivos:

  • Fomentar o emprendemento como un dos factores clave nunha economía do coñecemento debido á súa achega de creatividade e innovación. Eliminar as barreiras que dificultan ou impiden a transformación das ideas emprendedoras en proxectos concretos
  • Promover a incorporación ao mercado laboral pola vía do emprendemento a persoas novas de toda a provincia non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación e formación, contribuíndo á viabilidade e sustentabilidade das novas empresas
  • Ofrecer itinerarios de emprendemento xuvenil adaptados ás necesidades das persoas novas en diferentes localizacións da provincia, fomentando o equilibrio territorial do programa
  • Garantir a non exclusión por motivos sociais, de nivel formativo, por razóns de xénero ou por lugar de residencia de ningunha persoa que responda ao perfil de destinataria

Actividades

  1. Captación: a Deputación captará como mínimo a 135 persoas beneficiarias para o proxecto. Para iso estímase que as actividades de captación alcancen un mínimo de 1.000 potenciais participantes.
  2. Promoción da cultura emprendedora: desenvolveranse  xornadas abertas dirixidas ao público obxectivo do proxecto para a motivación e promoción da cultura emprendedora (unha por localización, polo que serán un total de 6 xornadas), que alcanzarán a toda a xeografía da provincia de Pontevedra.
  3. Formación: desenvolveranse 9 itinerarios de formación en diferentes localizacións, polo que se alcanzará desta maneira toda a xeografía da provincia de Pontevedra
  4. Asesoramento e mentorización: de maneira previa ao desenvolvemento do proceso de mentorización elaborarase un diagnóstico sobre as necesidades e preferencias das persoas emprendedoras da provincia de Pontevedra que permita unha orientación personalizada e específica para a mentorización das persoas beneficiarias do proxecto e que sirva de guía para a aplicación das correctas políticas de emprego no ámbito do emprendemento.

A aquelas persoas participantes que finalicen os itinerarios de formación e que vaian formalizar o seu proxecto empresarial ofreceránselles 15 horas de mentorización (5 presenciais e 10 en liña) durante as etapas iniciais da actividade económica.

Durante a fase de mentorización asesoraráselles e supervisaráselles durante as etapas iniciais da actividade económica.

Os principais resultados esperados do proxecto son os seguintes:

  • Número de accións de motivación e promoción da cultura emprendedora: 6
  • Número de asistentes ás accións de promoción da cultura emprendedora: 150
  • Número de itinerarios de formación: 9
  • Número de persoas formadas: 135
  • Número de persoas que pasan á fase de mentorización: 54 (40 %)
  • Número de persoas que formalizan o seu proxecto empresarial: 25
  • Inserción por conta propia e allea: 50