Proxectos europeos

DEPOINTEGRA XOVEN

Itinerarios dirixidos á obtención de
certificados de profesionalidade

Convocatoria: FSE Programa operativo de emprego xuvenil (axudas AP-POEX)

Organismos Intermedios: DG Relaciones CC. AA. E EE. LL./FSE

Socios:

  • Deputación de Pontevedra (España): líder

Orzamento:

  • Orzamento total: 2.533.324,50 €
  • Achega do FSE: 2.327.871,88 €
  • Achega da Deputación de Pontevedra: 205.452,62 €

Cofinanciamento: máximo de cofinanciamento do 91,89 % do FSE

Empresa redactora: KPMG Asesores, S. L.

RESUMO DO PROXECTO

TÍTULO

DepoIntegra Xoven

DESCRICIÓN DO PROXECTO 

Descrición

O proxecto "DepoIntegra Xoven" consiste na realización de accións formativas tendentes á obtención de certificados de profesionalidade que melloran a empregabilidade das persoas participantes.

As actividades subvencionables do proxecto están destinadas ás persoas mozas maiores de 16 anos e menores de 30, incluídas aquelas con discapacidade, non ocupadas e non integradas nos sistemas de educación ou formación, independentemente do seu nivel formativo, e rexistradas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, estean ou non inscritas como solicitantes de emprego.

Priorizarase o acceso das mulleres, as persoas desempregadas de longa duración e os colectivos máis desfavorecidos ou en risco de exclusión (persoas con discapacidade, poboación xitana e persoas inmigrantes).

Obxectivos

O desenvolvemento do programa "DepoIntegra Xoven" ten os seguintes obxectivos:

  • Integración sostible no mercado de traballo das persoas mozas que non se encontran empregadas, nin participan nos sistemas de educación e formación
  • Realización de actividades formativas constituíntes de itinerarios integrados, dirixidas á obtención de certificados de profesionalidade, para a mellora da formación e a empregabilidade das persoas mozas, respondendo ás necesidades locais xeradoras de emprego detectadas nos sectores con maiores oportunidades de crecemento e creación de emprego. Realización de formación complementaria e transversal en idiomas, novas tecnoloxías, igualdade de oportunidades etc.
  • Ofrecer os itinerarios en diferentes localizacións da provincia, para favorecer a participación das mozas e mozos independentemente da localización da súa residencia
  • Favorecer a participación das mulleres, das persoas desempregadas de longa duración e das persoas máis desfavorecidas ou os colectivos en risco de exclusión social (persoas con discapacidade, poboación xitana e persoas inmigrantes). Garantizar a non exclusión por motivos sociais, de nivel formativo, por razóns de xénero ou por lugar de residencia de ningunha persoa que responda ao perfil de destinataria

Actividades

  • Detección e captación de persoas beneficiarias do programa
  • Diagnósticos personalizados do perfil persoal e profesional das persoas beneficiarias
  • Impartición de itinerarios integrados de formación co seguinte contido:
    1. Formación específica baseada en certificados de profesionalidade: o 100 % dos cursos que se van impartir están dirixidos á obtención dun certificado de profesionalidade
    2. Prácticas profesionais: realización do módulo de prácticas profesionais non laborais do correspondente certificado de profesionalidade
    3. Formación complementaria ou transversal
    4. Titorías e orientación individual: nas titorías realizarase un acompañamento individualizado, paralelo e complementario aos itinerarios formativos, en función dos datos obtidos na entrevista inicial de diagnóstico

Ademais, sen coste adicional para o programa, realizaranse as seguintes tarefas dirixidas a aquelas persoas que queiran poñer en marcha a súa iniciativa emprendedora:

  • Entrega dun lote de ferramentas TIC dirixido a cubrir as necesidades tecnolóxicas para poñer en marcha as súas iniciativas emprendedoras
  • No caso de consultas ou necesidades de asesoramento específico no ámbito tecnolóxico, trasladaráselles a consulta ao persoal técnico TIC do proxecto SmartPeme Pontevedra, o que potencia a complementariedade entre ambos proxectos