Proxectos europeos

DEPOVERDE

EmpregaVerde 2017

EmpregaVerde 2017 (Fundación Biodiversidade)

Eixo

Crea

Temática ambiental

Agricultura e gandería sustentable (hortofruticultura e apicultura sustentable)

Socios

Orzamento

  • Orzamento total: 138.387,38 €
  • Orzamento cofinanciado polo FSE: 110.709,90 €
  • Achega da Deputación de Pontevedra (15 % do orzamento total): 20.758,11 €

Cofinanciamento: Máximo de cofinanciamento do 80 % do FSE

Empresa redactora: Axia Consulting Group, S. L.

Comunidades autónomas onde residen as persoas destinatarias

Galicia e Andalucía

Provincias onde residen as persoas destinatarias

Pontevedra, Sevilla, Xaén, Huelva, Málaga, Cádiz, Córdoba e Almería

RESUMO DO PROXECTO

TÍTULO

Ponteverde

DESCRICIÓN DO PROXECTO

Obxectivos

O obxectivo xeral do proxecto é impulsar a produción hortofrutícola e apícola de calidade nos espazos protexidos e mellorar a empregabilidade das e dos habitantes destas zonas protexidas.

Resumo do proxecto (1000)

O proxecto desenvolverase en zonas da Rede Natura e irá destinado ás persoas interesadas en levar a cabo unha iniciativa empresarial nestes espazos ou en traballar no sector hortofrutícola ou apícola.

Impartiranse 16 accións formativas, presenciais e en liña, cos seguintes contidos:

  • Apicultura sustentable

Capacitar as persoas interesadas para levar a cabo a actividade apícola sustentable en espazos protexidos e aquelas que desexen mellorar a súa empregabilidade e facer un uso máis eficiente dos recursos naturais a través dunha actividade plenamente integrada no medio, contribuíndo á conservación da biodiversidade e a paisaxe nestas zonas.

Temática:

  1. Contextualización da zona de estudo. Datos de interese: descrición do medio físico, do medio socioeconómico e outros. Definición e clasificación dos recursos naturais. Identificación e valorización do patrimonio natural e cultural da comarca. Identificación e descrición da diversidade da zona: especies vexetais locais
  2. Antecedentes da Apis mellifera. Iniciación na apicultura sustentable. A apicultura e o ambiente. Comportamento social das abellas. Ferramentas e insumos da apicultura. Proceso produtivo para a obtención do mel
  3. Proceso produtivo para a obtención de pole, cera, própole e xelea real. Importancia da apicultura rexional
  4. Enfermidades e pragas na apicultura. Flora apícola e polinización. Cría natural de abellas reinas. Observación do calendario apícola rexional
  5. Produción apícola como motor económico nas zonas protexidas: produtos locais, selos de calidade alimentaria. Valor engadido dos produtos locais. Valor engadido da actividade agroalimentaria en espazos protexidos
  6. Produción apícola ecolóxica
  7. Xestión empresarial. Diferentes estratexias para o desenvolvemento local: os procesos colaborativos, sinerxías e redes de valor territorial, asociacionismo e cooperativismo, comercialización en liña. Axudas e subvencións. Lexislación aplicable. Prevención de riscos laborais no sector apícola

Modulo práctico. Prácticas no apiario.

  • Hortofruticultura sustentable

Curso cunha formación xeral sobre os conceptos básicos e necesarios para emprender unha explotación hortofrutícola sustentable: solo, planta, auga, fertilizantes, mecanización de cultivos, instalacións de rega, invernadoiros, maquinaria, cultivos hortícolas, fitopatoloxía, fruticultura, técnicas para o cultivo de hortalizas. Xestión dunha explotación hortofrutícola

Obxectivos:

Preparar o alumnado nas técnicas de cultivo empregadas en hortofruticultura sustentable e fomentar o emprego neste tipo de agricultura, máis respectuosa co ambiente. A formación do curso é a distancia e en liña, a través dunha plataforma de teleformación. Ao comezo do curso envíanselle por correo electrónico o nome de usuaria ou usuario e o contrasinal ao alumnado para que poida acceder cando desexe á plataforma de teleformación. Esta contén os diferentes módulos, os cuestionarios de avaliación e outros recursos como bibliografía. Como complemento imprescindible para o bo desenvolvemento dos seus estudos, o alumnado poderá contactar coas súas compañeiras e compañeiros de promoción, participar en foros ou descargar material complementario. A avaliación do alumnado realízase mediante os cuestionarios de avaliación que se completan na mesma plataforma. A titora ou titor conectarase durante as horas de titoría para responder as preguntas do alumnado e avaliar o seu progreso. As consultas tamén poden realizarse por vía telefónica ou por correo electrónico. O alumnado deberá superar todos os cuestionarios para finalizar con éxito o curso; unha vez superada a formación o alumnado recibirá o diploma acreditativo da súa realización.

Logos del proyecto