ESPAZO DE COWORKING VIVEIRO DE BARRO
Programa: GO 2 WORK EOI (Convenio EOI-DEPO)
- Socios:
- Deputación de Pontevedra (España)
- Escola de Organización Industrial
- Orzamento total: 800.000 €
- Achega da Deputación de Pontevedra: 160.000 €
- Taxa máxima de cofinanciamento europeo: 80 %
Empresa executora: KPMG Asesores, S. L.
RESUMO DO PROXECTO
TÍTULO
Espazo de coworking no viveiro de Barro-Meis
DESCRICIÓN DO PROXECTO
Este coworking está concibido como un programa de desenvolvemento do talento para persoas emprendedoras e profesionais que buscan unha formación completa e especializada, que abarca desde a creación do talento ata a formación en proxectos multisectoriais.
OBXETIVOS ESPECÍFICOS
O convenio contempla o desenvolvemento e creación dun espazo de coworking no viveiro de Barro-Meis, para a realización de accións de formación e titorización nun espazo conxunto destinado ás persoas emprendedoras da provincia que permita aumentar a probabilidade de éxito dos seus proxectos, por un período limitado de tempo.
ACTIVIDADES PROPOSTAS
Principais actividades que realizará a Deputación:
- Fase 1: difusión e captación
- Selección de medios de comunicación para a difusión
- Presentación pública do proxecto
- Fase 2: selección de proxectos
- Selección de mentores locais de referencia
- Selección conxunta de proxectos DEPO-EOI
- Fase 4: obradoiros e workshops
- Obradoiros
Asistencia de acceso libre (obrigatoria para as persoas participantes do coworking). Axúdase ás persoas emprendedoras a validar o modelo de negocio con metodoloxías áxiles e a desenvolver as habilidades imprescindibles para poñelo en marcha:- Lean Start-up: Avaliación e Validación do teu Plan de Negocio
- Crowdfunding
- Estratexias de Comunicación en Redes Sociais
- Creatividade e Innovación
- Como Poñer en Marcha un Plan de Márketing Dixital
- Sesións de formación grupal
Dirixidas exclusivamente ás e aos participantes do coworking e, por tanto, de asistencia obrigatoria. Nelas traballaranse materias específicas para o impulso e o arranque dos proxectos do espazo coworking.
- Finanzas para Emprendedores non Financeiros
- Habilidades de Comunicación
- Xestión do Talento nun Proxecto Emprendedor: Deseña o teu Equipo
- Mentorización
Acceso por parte das persoas participantes do coworking a sesións de mentorización, impartidas por persoas expertas centradas en acompañar as persoas emprendedoras desde o deseño de modelo de negocio á súa posta en marcha e optimización do proxecto, dándolles resposta ás necesidades que xurdan no camiño
- Eventos
Celebraranse diferentes actividades encamiñadas a potenciar o networking e compartir boas prácticas, contando coa experiencia doutras persoas emprendedoras, expertas e empresarias. Asistencia e acceso libres.
- Obradoiros
- Fase 5: Demo Day
Como peche á edición terá lugar o Demo Day, durante o cal se presentarán os proxectos participantes no espazo coworking, a súa evolución e as posibilidades de colaboración con eles.