Proxectos europeos

ESTRAEE:
Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos
Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (RAEE)

INTERREG V-A (POCTEP)

1.ª Convocatoria INTERREG V-A (POCTEP)

Eixe prioritario: 3. Crecemento sostible a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais

Obxectivo temático: OT 6. Protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos

Prioridade de investimento: PI 6.F. Fomento de tecnoloxías innovadoras para a mellora da protección medioambiental e da eficiencia dos recursos no sector dos residuos, o sector da auga, a protección do solo ou para reducir a contaminación atmosférica

Socios

Orzamento

  • Orzamento total: 2.145.524,92  €
    • Orzamento da Deputación de Pontevedra: 906.491,99 €
      • Achega da Deputación de Pontevedra: 226.623,00 €
      • Achega do FEDER (75 %): 679.868,99 €

Cofinanciamento: máximo de cofinanciamento do 75 % do FEDER

Prazo de execución: o proxecto desenvolverase entre o 1 de outubro de 2015 e o 31 de decembro de 2019

RESUMO DO PROXECTO

TÍTULO

ESTRAEE: Estratexia Sostible Transfronteiriza para a Xestión dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos (RAEE)

DESCRICIÓN DO PROXECTO: 

Obxectivos:

  • Impulsar no espazo transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal a xestión dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) implicando a cidadanía, a administración local, a fabricantes e a produtoras e produtores a través dos Sistemas de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SRAP), e xestores, no marco da normativa vixente: Real decreto español 110/2015 e Decreto-lei portugués 67/2014
  • Impulsar a economía circular de mercado de materias primas secundarias, especialmente as críticas
  • Promover a innovación, o desenvolvemento tecnolóxico e a xeración de emprego verde
  • Mellorar no sistema municipal de recollida e adecuación dos puntos limpos que garantan un correcto almacenamento de RAEE para a súa posterior reutilización
  • Identificar as categorías de RAEE susceptibles de ser reutilizadas e elaborar procedementos que permitan a súa identificación e correcta clasificación
  • Establecer o procedemento de acceso dos centros de preparación para a reutilización (CPR) aos RAEE depositados nos puntos de recollida municipal e na distribución
  • Monitorizar e analizar o estado actual da reutilización de RAEE e a súa regulación a nivel nacional e internacional
  • Desenvolver protocolos e un plan de negocio

Actuacións

  • Adaptación de puntos limpos provinciais á Directiva sobre RAEE: estudo, anteproxectos e execución de investimentos, extrapolable tamén ao norte de Portugal
  • Definición dunha ordenanza tipo para a provincia de Pontevedra, extrapolable ao norte de Portugal, onde se definan as prácticas máis axeitadas para o cumprimento da Directiva, nas operacións de prerrecollida, recollida e preparación para a reutilización e a reciclaxe por parte dos municipios
  • Análise do ciclo de vida (ACV), comparando reciclaxe e reutilización de diferentes tipoloxías de RAEE
  • Implantación dunha bolsa común de subprodutos derivados dos RAEE e AEE reutilizables para as dúas rexións

Resultados:

  • Adecuar 18 puntos limpos no espazo transfronteirizo
  • Elaborar a ordenanza sobre xestión sostible dos RAEE (prerrecollida, recollida, recepción, preparación para a reutilización, reciclaxe e eliminación)
  • Implantar a bolsa de recursos e materias primas secundarias
  • Realizar unha análise do ciclo de vida (ACV) das diferentes tipoloxías de RAEE: lavadoras, lavalouzas, tabletas e teléfonos intelixentes, comparando a reutilización e a reciclaxe
  • Fomentar a motivación social e a implicación das e dos produtores e fabricantes na nova estratexia de xestión dos RAEE
  • Preparar para a reutilización como opción prioritaria en xestión de RAEE

 

  • ESTRAEE

 

 

  • European Recicling Platform
  • energylab
  • Resvertia
  • Lipor