Proxectos europeos

IN 4.0:
Adaptación do Modelo de Industria 4.0 ao
Sector da Construción Naval

INTERREG Espazo Atlántico

1.ª convocatoria de INTERREG Espazo Atlántico

Eixe prioritario: 1. Promover a innovación e a competitividade

  • 1.1. Mellorar a capacidade de innovación a través da cooperación para fomentar a competitividade
  • 1.2. Promover o acceso ao mercado dos resultados da innovación a través de novos produtos, servizos e procesos

Obxectivo temático: OT1. Potenciar a investigación, o desenvolvemento  tecnolóxico e a innovación

Prioridade de investimento: PI 1b. Promoción do investimento das empresas en innovación, o desenvolvemento de vínculos e sinerxías entre empresas, centros de I+D e de educación superior

Estado de tramitación:

O 31 de xullo de 2017 recíbese unha notificación da decisión do comité de seguimento do Programa de Cooperación Territorial Interreg Espazo Atlántico 2014-2020, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), que na súa reunión do 4/5/2017 e 5/5/2017, no Porto, acordou a concesión dunha axuda FEDER de 1.913.664,12 euros, sobre un orzamento total de 2.551.552,14 euros, ao proxecto EAPA_383/2016 (IN 4.0) co título Adaptation of Industry 4.0 Model to the Naval Sector, do cal a Deputación de Pontevedra é a beneficiaria principal.

Nesta mesma comunicación recóllese o importe total elixible das actuacións da Deputación de Pontevedra, que ascende a 367.832,50 € (dos cales o 75 % corresponde ao cofinanciamento do FEDER.

Socios

Orzamento

BENEFICIARIO CUSTE TOTAL ELIXIBLE FEDER APROBADO (75%) FONDOS PROPIOS (25%)
Deputación de Pontevedra 367.832,50 € 275.874,38 € 91.958,13 €
Bretagne Pôle Naval 292.587,20 € 219.440,40 € 73.146,80 €
Cork Institute of Technology 270.693,33 € 203.020,00 € 67.673,33 €
Fórum Oceano-Associação da Economia do Mar 152.060,83 € 114.045,62 € 38.015,21 €
Asociación Clúster del Naval Gallego 269.198,33 € 201.898,75 € 67.299,58 €
University of Strathclyde 301.260,83 € 225.945,63 € 75.315,21 €
Foro Marítimo Vasco 251.833,33 € 188.875,00 € 62.958,33 €
Pôle de compétitivité EMC2 176.509,13 € 132.381,85 € 44.127,28 €
Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia 318.743,33 € 239.057,50 € 79.685,83 €
High Speed Sustainable Manufacturing Institute Ltd. 150.833,33 € 113.125,00 € 37.708,33 €
TOTAL  2.551.552,14  € 1.913.664,12 € 637.888,04 €

 

Cofinanciamento: máximo de cofinanciamento do 75 % do FEDER

Empresa redactora: EOSA, S. A.

TÍTULO

IN 4.0: ADAPTACIÓN DO MODELO DE INDUSTRIA 4.0 AO SECTOR DA CONSTRUCIÓN NAVAL

DESCRICIÓN DO PROXECTO 

Obxectivos

  • Validar os principais problemas ou barreiras xa identificados que lle impiden ao sector naval a transformación do seu modelo de negocio en 4.0 e propoñer novas solucións
  • Determinar o grao de maduración das tecnoloxías existentes, susceptibles de ser implantadas nas pemes do sector
  • Transformar os sistemas de organización do traballo, coñecemento e comercialización cara a unha industria 4.0
  • Capacitar as e os traballadores do sector naval en novos traballos e tarefas para transitar cara a un modelo 4.0
  • Deseñar estratexias innovadoras para economizar custos na implantación de tecnoloxías e na detección de novos métodos de comercialización
  • Implementar na práctica as innovacións deseñadas no marco do proxecto nas pemes seleccionadas das rexións participantes no proxecto

Contidos do proxecto

  • Desenvolvemento dun plan de sustentabilidade e transferencia dos resultados
  • Adaptación a un novo modelo produtivo 4.0
  • Definición de novas funcións para os diferentes traballos e posta en práctica de accións de formación
  • Identificación e desenvolvemento de novos métodos de comercialización no sector, así como estratexias innovadoras para aforrar custos na implementación de tecnoloxías
  • Asesoramento para a transformación de empresas navais en empresas intelixentes
  • Desenvolvemento dun programa piloto de asesoramento con dúas empresas de cada país, co obxectivo de cambiar o modelo tradicional de construción ou reparación nun modelo 4.0
  • Xestión e coordinación
  • Comunicación e difusión

IN 4.0