Proxectos europeos

PRACTICUM DEPO 2017

Mobilidade de estudantes e
persoal de formación profesional

Programa: ERASMUS +

Encadramento:

  • Acción clave: mobilidade das persoas por motivos de aprendizaxe (KA1)
  • Acción: mobilidade de alumnado e persoal
  • Tipo de acción: mobilidade de estudantes e persoal de formación profesional

Socios:

  • Deputación de Pontevedra (España): líder
  • 33 institutos da provincia de Pontevedra

Orzamento total: 700.967,00 €

  1. Taxa máxima de cofinanciamento europeo: 560.773,60 € (80 %)
  2. Achega da Deputación: 140.193,40 € (20 %)

Empresa redactora: Oneco Consulting, S. L. U.

RESUMEN DO PROXECTO

TÍTULO

Practicum DEPO 2017: mobilidade de estudantes e persoal de FP

DESCRICIÓN DO PROXECTO

Para axudar a liquidar a fenda de capacidades da provincia, cun forte carácter rural, a Deputación conformou un consorcio con 33 centros educativos de FP de Pontevedra, que ofrecerá a 102 mozas e mozos recentemente titulados nun ciclo de grao medio dun destes centros a posibilidade de realizar prácticas laborais durante 6 meses nunha empresa europea. As persoas participantes deberán regresar das súas mobilidades antes de que transcorran 12 meses desde a obtención da titulación. As prácticas internacionais non formarán parte da FCT, senón que supoñerán un valor engadido ás prácticas realizadas previamente en empresas da oficina.

As e os participantes realizarán unha actividade lingüística formativa a través da ferramenta online OLS, posta xa á disposición do programa para os idiomas inglés, italiano e holandés. Quen viaxe a Portugal e Finlandia realizará un curso intensivo de portugués ou finlandés no destino, de 2 semanas de duración, que levará a cabo simultaneamente coas prácticas durante as dúas primeiras semanas de estancia.

Así mesmo, o proxecto tamén contempla a mobilidade de 20 profesoras e profesores que mostraron o seu interese por realizar unhas prácticas de observación nun país da UE. A mobilidade de persoal terá unha duración de 5 días para as e os docentes con destino a Irlanda, Italia, Alemaña e Malta, e de 10 días para o persoal docente con destino a Finlandia. As prácticas consistirán en visitar centros de formación semellantes aos centros integrados de FP de Galicia, a fin de aprender os métodos didácticos que se utilizan no país de destino.

Os países de destino e a distribución das bolsas para estudantes organizaranse da seguinte maneira:

  • Reino Unido (23)
  • Irlanda (18)
  • Italia (18)
  • Malta (8)
  • Portugal (8)
  • Finlandia (4)
  • Países Baixos (13)

Con respecto ao persoal docente, as bolsas distribuiranse da seguinte maneira:

  • Finlandia (5)
  • Malta (5)
  • Alemaña (5)
  • Italia (5)
  • Irlanda (5)

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

  • Facilitar a adquisición de experiencia profesional a niveis internacionais
  • Aumentar os coñecementos innovadores e o espírito empresarial nas persoas participantes
  • Fomentar a práctica e mellora dun segundo idioma e a obtención de vocabulario técnico do sector profesional das persoas participantes
  • Impulsar sinerxías entre o mundo educativo e o laboral
  • Desenvolver habilidades e coñecementos que melloren as súas competencias e aptitudes fronte a calquera traballo, proxecto ou situación
  • Implementar o concepto de cidadanía europea e tomar conciencia da importancia da mobilidade internacional para crear xeracións libres e respectuosas con outras culturas ou sociedades

As mozas e mozos e o persoal docente consolidarán novos coñecementos técnicos en competencias clave da súa especialidade, obterán maior autonomía e unha serie de competencias transversais que lles beneficiarán no seu futuro laboral e persoal.

Por último, xerarase persoal máis cualificado, íntegro e, por tanto, seguro das súas posibilidades, co que se favorecerá a inserción laboral e se contribuirá á promoción e sustentabilidade do programa Erasmus+.

  • erasmus +


  • Este proyecto ha sido financiado con el apoyo de la Comisión Europea. Esta comunicación es responsabilidad exclusiva de su autor. La Comisión no es responsable del uso que pueda hacerse de la información aquí difundida.