Proxectos europeos

VISIT RIO MINHO

INTERREG V-A (POCTEP)
Preservación e valorización do río Miño transfronteirizo

1.ª convocatoria INTERREG V-A (POCTEP)

Eixo prioritario: 3. Crecemento sustentable a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais

Obxectivo temático: OT 6. Protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos

Prioridade de investimento: PI 6.C. Protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio cultural e natural

Socios

Orzamento

  • Orzamento total: 2.010.664,67 €
    • Orzamento da Deputación de Pontevedra: 1.120.000, 00 €
      • Achega da Deputación de Pontevedra: 280.000,00 €
      • Achega do FEDER (75 %): 840.000,00 €

Cofinanciamento: máximo de cofinanciamento do 75 % do FEDER

Prazo de execución: o proxecto desenvolverase entre o 10 de outubro de 2015 e o 31 de decembro de 2019

RESUMO DO PROXECTO

TÍTULO

VISIT_RIO_MINHO: preservación e valorización do río Miño transfronteirizo

DESCRICIÓN DO PROXECTO 

Capitalizar a marca Río Miño a través dun conxunto de actividades transfronteirizas de preservación, cualificación e valorización ambiental dos recursos endóxenos asociados a un compoñente de promoción e comunicación do río Miño como destino ecoturístico de referencia nacional e internacional.

Actuacións

Actividade 1: estruturación e consolidación da marca Río Miño

Acción 1. Desenvolvemento da marca Río Miño e elaboración da candidatura do esteiro do río Miño como paisaxe cultural da UNESCO

Acción 2. Promoción e organización de eventos de consolidación da marca Río Miño, especialmente eventos experienciais e o Campionato de Deporte e Aventura Río Miño

Acción 3. Promoción externa da marca Río Miño a través da asistencia a feiras de turismo internacionais ibéricas e outras accións promocionais

Actividade 2: preservación e interpretación do patrimonio natural transfronteirizo

Acción 1. Mellora do coñecemento e das condicións adecuadas para a preservación do patrimonio natural do río Miño

Acción 2. Interpretación dos recursos naturais e os novos modelos do turismo verde

Acción 3. Estruturas piloto de apoio ao coñecemento e interpretación da rede de espazos naturais clasificados

Actividade 3: valorización conxunta dos recursos económicos do río Miño

Acción 1. Inventario e publicación dos recursos turísticos do río Miño transfronteirizo

Acción 2. Valorización dos produtos da pesca garantindo a trazabilidade da captura de especies do río Miño e a creación dunha plataforma de traballo que consolide unha estratexia de explotación responsable destes produtos

Acción 3. Desenvolvemento de estruturas de apoio ás actividades promovidas polas empresas de animación para reducir as externalidades e as carencias do mercado

Actividade 4: cualificación e valorización da rede de recursos transfronteirizos

Acción 1. Modelos e normas de sinalización de rutas transfronteirizas, incluíndo sinalización e interpretación de nós de distribución de visitantes

Acción 2. Actuacións de vertebración do espazo común cunha rede de itinerarios transfronteirizos e estruturas de apoio a actividades complementarias

Acción 3. Parque transfronteirizo Castelinho-Fortaleza