((RE) ACCIÓN… NOS CASTELOS!

NOITE NO CASTELO. LÍMITES, CORPO COLECTIVO TRANSFRONTEIRIZO

Castelo de Sobroso, Modariz
Xoves 23 de xullo de 2020, 22.00h

Zona de límites é unha proposta multidisciplinar que xira en torno a dous concertos performativos de Cintaadhesiva e Ordet, ambos os dous con videoproxeccións sobre a fachada do castelo. Ademais, preséntase unha coreografía musical, vocal e corporal, xogando coa danza contemporánea, a poesía e a acción escénica. Estamos ante unha peza de nova produción, que reflexiona sobre o concepto de apocalipse, apocalipse doce que moitas persoas puidemos vivir no aconchego das nosas casas fronte a outras experiencias menos afortunadas. Unha performance inicial de María Roja sitúa e localiza o público e indica as normas xerais de seguridade. Ademais, a obra inclúe a intervención da danza da man da mesma María Roja e do bailarín Diego M. Buceta e complétase cunha sorprendente instalación artística na capela, que o público atopará á súa chegada ao castelo.

  • Espazo: exterior
  • Capacidade: público sentado en cadeiras; prazas limitadas (reserva previa en cultura@depo.es, máximo 5 prazas por persoa)
  • Duración: 90 minutos

  • Prazas limitadas: todas as actividades necesitan esixen reserva previa en cultura@depo.es (máximo 5 prazas por persoa). Requírese confirmación.
  • O público participante debe asistir con máscara de forma obrigatoria.
  • A Deputación de Pontevedra controlará a capacidade e os accesos, así como o cumprimento das medidas de seguridade sanitaria, segundo os protocolos vixentes.

Última modificación: xoves, 30 xullo 2020